VERBAS NO VENTO
BIBLIOTECA COLEGIO VIGO
martes, 1 de noviembre de 2022
lunes, 17 de octubre de 2022
DÍA DAS ESCRITORAS 2022
Para conmemorar esta data, en E. Infantil e E. Primaria centramos a nosa atención no traballo da escritora Elisabetta Dami, creadora do famoso Gerónimo Stilton.
Nas etapas da ESO e bacharelato, fixeron diferentes traballos sobre destacadas mulleres escritoras.
Compartimos convosco o noso traballo.https://view.genial.ly/63429d809ab4bd0018c4a4d6/presentation-presentacion-proyeccion
martes, 1 de marzo de 2022
ROSALIA DE CASTRO
martes, 15 de febrero de 2022
DÍA INTERNACIONAL DE LA MUJER Y LA NIÑA EN LA CIENCIA
Con el fin de lograr el acceso y la participación plena y equitativa en la ciencia para las mujeres y las niñas, y además para lograr la igualdad de género y el empoderamiento de las mujeres y las niñas, la Asamblea General de las Naciones Unidas decidió proclamar en 2016 el 11 de febrero como el Día Internacional de la Mujer y la Niña en la Ciencia.
Nuestra aportación desde el colegio, una serie de recursos y videos para trabajar con el alumnado :
lunes, 31 de enero de 2022
DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ
Cada 30 de Xaneiro celébrase o Día Escolar da Non
Violencia e a Paz, unha data sinalada para todas as escolas e institutos, na
que levan a cabo actividades e iniciativas para promover valores como a
tolerancia, a solidariedade, o respecto aos Dereitos Humanos, a non violencia e
a paz.
Esta xornada educativa fundouse
en España o 1964 polo poeta e pacifista mallorquino Llorenç Vidal Vidal, conmemorando á súa vez a
morte de Mahatma Gandhi (30 de xaneiro de 1948).
Desde os centros educativos defendemos unha educación inspirada nunha
cultura de non violencia e paz que permite ao noso alumnado adquirir
coñecementos, actitudes e competencias que reforcen o seu desenvolvemento como
cidadáns globais críticos e comprometidos cos seus dereitos e os doutras
persoas.
FELIZ DÍA DA PAZ !
martes, 2 de noviembre de 2021
Desde o ano 1997 cada 24 de outubro celébrase en varios países o Día Internacional das Bibliotecas. Unha data que busca resaltar a importancia que ten este tipo de edificacións para a historia humana como resgardo da súa cultura, dos seus escritos, das súas crenzas. A historia dese día comezou entre as cinzas e a perdida de centos de miles de textos únicos.
Un ano máis, dedicamos esta semana a realizar diferentes actividades para celebrar esta conmemoración. Entre elas, a elección da mascota da nosa biblioteca para o curso 2021-22. A mascota gañadora foi Tommi , creada por unha alumna de sexto de primaria.
Os alumnos de 1º e 2°da ESO participaron no concurso para elixir o lema deste ano da nosa Biblioteca escolar. Ademais, pescudaron sobre as Bibliotecas máis coñecidas e curiosas de Europa e fixeron un bonito mural para expor os seus traballos.
lunes, 18 de octubre de 2021
DÍA DAS ESCRITORAS
O Día das Escritoras é unha
conmemoración iniciada en España en outubro de 2016 para recuperar o legado das
mulleres escritoras, facer visible o traballo das mulleres na literatura e
combater a discriminación que sufriron ao longo da historia.
Escritoras de todos os tempos e estilos
que cada mes de outubro e coincidindo co luns máis próximo á festividade de
Teresa de Jesús, reciben desde 2016 unha
merecida homenaxe.
Este ano 2021 o día 18,o colexio Vigo
rende homenaxe a Elvira Lindo e ao seu popular personaxe, Manolito
Gafotas.
ELVIRA LINDO
É escritora e guionista. Traballou
en RNE toda a década dos 80. Gañou o
Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil por 'Os Trapos Sucios' e o
Biblioteca Breve por 'Unha palabra túa'. Outras novelas súas son: 'O que me
queda por vivir' e 'A corazón aberto'. Colabora no PAÍS e a Cadea SER. É
presidenta do Padroado da BNE.
-
O Día das Letras Galegas celébrase desde 1963 pola Real Academia Galega como...
-
Cada 5 de xuño temos unha cita coa sustentabilidade: celébrase o Día Mundial do Medio Ambiente. Este día está marcado no calendario desde o ...
-
A continuación recomendamos algunhas lecturas para traballar o acoso escolar. Esperamos que sexan do voso agrado. 1. E logo ganas ti: c...