viernes, 6 de marzo de 2026

PROXECTO ESCOLAS AZUIS

   

A VOZ DAS ONDAS



O proxecto púxose en marcha ao comezo do curso escolar, no mes de setembro, e desenvolverase de maneira progresiva ao longo de todo o ano académico 2025-2026, incorporando propostas variadas e adaptadas ás diferentes etapas do proceso de aprendizaxe.

Nos primeiros momentos, o alumnado participou activamente na definición da identidade do proxecto, elaborando de forma colaborativa o lema que lle dá nome que  representa os seus valores.

Durante o primeiro trimestre desenvolvéronse actuacións diferenciadas segundo os niveis educativos:


O alumnado máis pequeno do colexio embarcouse nunha viaxe máxica á praia de Cesantes para descubrir os segredos do outono! Con lupa e moito entusiasmo, buscaron e rexistraron achados e tesouros sorprendentes: follas de cores, animais,  landras ... Cada cousa que atoparon conta unha historia, e hoxe aprenderon a escoitala e a vela con ollos novos.🍂🍁🐌🐞

Despois da exploración recuperaron forzas coa merenda e continuaron gozando deste fermoso lugar cun tempo dedicado ao xogo no parque.🛝☺️

Gústanos aprender ao aire libre e explorar a natureza!🌳🪾🍄‍🟫🌿🔍  


     

O alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria analizou a explotación dos produtos mariños desde a época romana visitando o museo Salinae en Vigo, onde coñeceron datos interesantes sobre as técnicas de conservación dos alimentos a partir da sal da nosa ría, e a importancia deste elemento primordial no comercio desa época . A través das últimas aparicións destes restos arqueolóxicos que o alumnado visitou, comprenderon a importancia da Ría de Vigo na economía da poboación costeira. naquela época, entre outras curiosidades.




     

 

 O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria visitou o Porto de Vigo, onde coñeceu o seu funcionamento, a actividade pesqueira e comercial e a súa relevancia económica e social.

Ademais, a nivel de centro, a conmemoración do 25 de novembro integrouse na temática do proxecto baixo o lema: “No noso mar non hai violencia. Ancoramos igualdade”, establecendo unha metáfora entre o coidado do mar e a construción dunha sociedade baseada no respecto e na igualdade.



No segundo trimestre continuouse profundando no coñecemento do sector mariño e da cadea de consumo:


     O alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria visitou a peixería dunha cadea comercial, onde puido coñecer diferentes especies de peixe e marisco, as súas características e a importancia do consumo responsable.



     Posteriormente, realizou tamén unha saída ás instalacións de  Conxemar, en Vigo,  ampliando a súa visión sobre a comercialización e distribución dos produtos do mar. A visita enriqueceuse coa transformación do alumnado en chefs por un día, xa que cociñaron e degustaron un prato elaborado con produto do nosos mar.




Tamén a nivel de centro, o 23 de febreiro, Día de Rosalía de Castro, realizouse un mural colectivo e unha lectura de poemas e versos da autora relacionados co mar, poñendo en valor a presenza do océano na literatura galega.



Terceiro trimestre

O alumnado do segundo e terceiro ciclo de Primaria, visitará a praia de Cesantes, entre o mes de maio e xuño (dependendo dos factores metereolóxicos), Esta praia está moi preto do noso colexio, e realizarán in situ  unha descrición da praia, tarefa que lles permitirá desenvolver a súa competencia lingüística a través da imaxe do mar.

No mes de maio está programada unha visita a Afundación, concretamente ao espazo educativo Naturnova, onde o alumnado vivirá a experiencia de “mergullarse” nun submarino para coñecer o fondo do noso océano e reflexionar sobre a súa biodiversidade e conservación

Durante os meses de maio e xuño, o alumnado de maior idade do centro participará nunha xornada de limpeza de praia, co obxectivo de recoller os residuos abandonados e tomar conciencia do impacto directo das accións humanas no medio mariño.


lunes, 23 de febrero de 2026

ROSALIA NUNHA VERBA

 “Rosalía nunha verba”

Con motivo do 23 de febreiro, Día de Rosalía de Castro, no noso centro quixemos renderlle unha pequena homenaxe a unha das figuras máis representativas da nosa literatura e da nosa identidade.

Baixo o título “Rosalía nunha verba”, cada curso reflexionou sobre o que Rosalía significa para nós hoxe. O reto era definila nunha soa palabra: unha palabra que resumise a súa voz, a súa forza, o seu compromiso, a súa sensibilidade e a súa pegada na nosa cultura.

Escribimos esa verba no interior dunha camelia, flor fondamente vinculada á súa imaxe e símbolo que nos evoca a delicadeza, a resistencia e a beleza da súa obra. Todas as camelias, xuntas, conformaron un mural colectivo creando unha composición chea de significado.

A través desta actividade non só lembramos a Rosalía, senón que reafirmamos o valor da nosa lingua, da nosa cultura e da palabra como ferramenta de expresión e identidade.

Porque Rosalía segue viva en cada verso, en cada lembranza e, sobre todo, en cada verba.




miércoles, 11 de febrero de 2026

DÍA INTERNACIONAL DE LA MUJER Y LA NIÑA EN LA CIENCIA

Con el fin de lograr el acceso y la participación plena y equitativa en la ciencia para las mujeres y las niñas, y además para lograr la igualdad de género y el empoderamiento de las mujeres y las niñas, la Asamblea General de las Naciones Unidas decidió proclamar en 2016 el 11 de febrero como el Día Internacional de la Mujer y la Niña en la Ciencia.

Nuestra aportación desde el colegio, una serie de recursos y videos para trabajar con el alumnado :

https://www.canva.com/design/DAE3M91ZjNk/Sy6ZoR_gaf0U2Mrz3QL15A/view?utm_content=DAE3M91ZjNk&utm_campaign=designshare&utm_medium=link&utm_source=publishsharelink



martes, 1 de noviembre de 2022

                        SAMAÍN  👻

La semana pasada los alumnos de 1° de la ESO prepararon unos cuentos terroríficos para leer en el aula y también fueron a pedir truco o trato a las clases de primaria. Casas encantadas, muertos  vivientes, campamentos inquietantes, juguetes misteriosos...
Da gusto ver cómo se motivan en estas fechas para dejar volar su imaginación e intentar asustar a sus compañeros con las narraciones elaborados por ellos mismos.
Así mismo, compartieron  la lectura de sus cuentos con los alumnos de primaria, practicando la lectura teatralizada de sus propios cuentos.











 LA PEOR CASA ENCANTADA 

Erase un 31 de octubre: 
Un grupo de amigas, salieron a pedir truco o trato; era una noche tranquila donde se podían ver niños disfrazados, casas decoradas con telas de araña, ataúdes, calderos, etc. 
Estaban andando por el barrio y Zoe (una de las amigas) vio una casa del terror, les avisó a sus dos amigas: 
- ¡Hey chicas! ¿y si vamos a la casa encantada, así nos divertimos un rato? (dijo con una sonrisa). 
- Por qué no?- dijo Miriam dirigiéndose hacia la casa. 
Estaban enfrente de la casa (era grande, con una puerta, 3 ventanas, un tronco de madera, un ataúd y un jardín enorme) se abrió ante ellas la puerta; María entró la primera. 
-Está un poco sucio todo- dijo dando 3 pasos al frente. 
(Miriam estaba observando una tumba que había en el jardín) 
 -Fijaos, pone “No molestar”-dijo señalando la tumba. 
Zoe, empujó a Miriam hasta la casa; estaban subiendo las escaleras hasta que se escuchó un portazo. Ellas, pensaron que era el viento y no le dieron importancia. 
En la segunda planta, vieron la estatua de un tipo de vampiro al lado de la ventana. 
No vieron nada interesante, solo había polvo y telas de araña se dirigieron hasta la puerta, y de repente, escucharon una voz ronca decir: 
 - ¿Ya queréis iros? Si solo acaba de empezar… 
Las tres chicas se giraron y allí estaba la supuesta estatua de vampiro. Las tres empezaron a correr hacia la puerta, no se abría, así que decidieron huir por las ventanas de la segunda planta. Corrieron, pero dejaron atrás a su amiga Zoe, así que tuvieron que bajar a la primera planta. Ya no estaba, las dos se preguntaron qué le había pasado a su mejor amiga. 
- ¿Y si nos separamos y la buscamos? - dijo María 
Miriam pensó que sería buena idea, entonces se separaron: María a la 1ª planta, Miriam, 3ª planta. Arriba había otras tres ventanas. 
Miriam vio las vistas desde ahí y ¡sin darse cuenta, apareció una persona con capucha negra y una especie de cuchillo! 
Fue a por ella, sin piedad, aunque Miriam gritó, nadie escuchó. 
Desde aquel día no se supo nada más de las 3 niñas, pero todavía si prestas atención, puedes escuchar a María gritar: - ¡LA PEOR CASA DEL TERROR!

lunes, 17 de octubre de 2022

                    

                DÍA DAS ESCRITORAS 

Este luns 17 de outubro celebramos o Día das Escritoras para reivindicar o labor e legado das mulleres que escribiron ao longo da historia.

Para conmemorar esta data, en E. Infantil e E. Primaria centramos a nosa atención no traballo da escritora Elisabetta Dami, creadora do famoso Gerónimo Stilton.

Nas etapas da ESO e bacharelato, fixeron diferentes traballos sobre destacadas mulleres escritoras.

Compartimos convosco o noso traballo.https://view.genial.ly/63429d809ab4bd0018c4a4d6/presentation-presentacion-proyeccion










martes, 1 de marzo de 2022

ROSALIA DE CASTRO



Incidindo nas últimas investigacións que sitúan o día do seu nacemento o 23 de febreiro,levamos toda a semana traballando na celebración do Día de Rosalía de Castro de diferentes formas: presentación de traballos,relatos, debuxos e contos, preparación dun mural conmemorativo...En 1° de Bacharelato mesmo fixeron un "rosco" de preguntas arredor da nosa escritora máis célebre. 









lunes, 31 de enero de 2022

DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ

 





Cada  30 de Xaneiro celébrase o Día Escolar da Non Violencia e a Paz, unha data sinalada para todas as escolas e institutos, na que levan a cabo actividades e iniciativas para promover valores como a tolerancia, a solidariedade, o respecto aos Dereitos Humanos, a non violencia e a paz.

Esta xornada educativa fundouse en España o 1964 polo poeta e pacifista mallorquino  Llorenç Vidal Vidal, conmemorando á súa vez a morte de  Mahatma  Gandhi (30 de xaneiro de 1948).

Desde os centros educativos  defendemos unha educación inspirada nunha cultura de non violencia e paz que permite ao noso alumnado adquirir coñecementos, actitudes e competencias que reforcen o seu desenvolvemento como cidadáns globais críticos e comprometidos cos seus dereitos e os doutras persoas.

FELIZ DÍA DA PAZ !