sábado, 5 de junio de 2021

DIA DO MEDIO AMBIENTE






Cada 5 de xuño temos unha cita coa sustentabilidade: celébrase o Día Mundial do Medio Ambiente. Este día está marcado no calendario desde o ano 1974, cando as Nacións Unidas estableceron esta celebración para concienciar e implicar á poboación na conservación do noso planeta. O 5 de xuño celébrase que máis de 100 países súmanse xa ao coidado do noso medio ambiente e que cada vez máis persoas axudan a que o planeta mellore.






Desde a súa creación, o Día Mundial do Medio Ambiente conta cun anfitrión diferente e está centrado nun tema distinto, como a contaminación por plástico, a conservación de mares e océanos, a escaseza de auga ou a  desertificación.

Aínda que as tres regulas que se difundiron con respecto a este día foron as de reducir, reciclar e reutilizar para este ano as Nacións Unidas propón unha nova regra co lema deste día: ReimaXina, recrea, restaura.

O Día Mundial do Medio Ambiente durante o 2021 centrarase na restauración dos ecosistemas, o que para a ONU significa "previr, deter e reverter" o dano ocasionado ocasionado na natureza.

Á súa vez, este sábado o Decenio das Nacións Unidas levará a cabo a Restauración de Ecosistemas (2021-2030), a misión que terá como fin revivir miles de millóns de hectáreas, desde bosques ata terras de cultivo, incluídas montañas e profundidades do mar.


     Video 2