A VOZ DAS ONDAS
O proxecto púxose en marcha ao
comezo do curso escolar, no mes de setembro, e desenvolverase de maneira
progresiva ao longo de todo o ano académico 2025-2026, incorporando propostas
variadas e adaptadas ás diferentes etapas do proceso de aprendizaxe.
Nos primeiros momentos, o alumnado
participou activamente na definición da identidade do proxecto, elaborando de
forma colaborativa o lema que lle dá nome que
representa os seus valores.
Durante o primeiro trimestre desenvolvéronse actuacións diferenciadas
segundo os niveis educativos:
O alumnado máis pequeno do colexio embarcouse nunha viaxe máxica á praia de Cesantes para descubrir os segredos do outono! Con lupa e moito entusiasmo, buscaron e rexistraron achados e tesouros sorprendentes: follas de cores, animais, landras ... Cada cousa que atoparon conta unha historia, e hoxe aprenderon a escoitala e a vela con ollos novos.🍂🍁🐌🐞
Despois da exploración recuperaron forzas coa merenda e continuaron gozando deste fermoso lugar cun tempo dedicado ao xogo no parque.🛝☺️
Gústanos aprender ao aire libre e explorar a natureza!🌳🍄🟫🌿🔍

O alumnado
de 3º e 4º de Educación Primaria analizou a explotación dos produtos
mariños desde a época romana visitando o museo Salinae en Vigo, onde coñeceron
datos interesantes sobre as técnicas de conservación dos alimentos a partir da
sal da nosa ría, e a importancia deste elemento primordial no comercio desa
época . A través das últimas aparicións destes restos arqueolóxicos que o
alumnado visitou, comprenderon a importancia da Ría de Vigo na economía da
poboación costeira. naquela época, entre outras curiosidades.
O alumnado
de 5º e 6º de Educación Primaria visitou o Porto de Vigo, onde coñeceu o seu funcionamento,
a actividade pesqueira e comercial e a súa relevancia económica e social.
Ademais, a nivel de centro, a conmemoración do 25 de novembro
integrouse na temática do proxecto baixo o lema: “No noso mar non hai
violencia. Ancoramos igualdade”, establecendo unha metáfora entre o
coidado do mar e a construción dunha sociedade baseada no respecto e na
igualdade.
No segundo trimestre continuouse profundando no coñecemento do sector
mariño e da cadea de consumo:
O alumnado
de 3º e 4º de Educación Primaria visitou a peixería dunha cadea
comercial, onde puido coñecer diferentes especies de peixe e marisco, as súas
características e a importancia do consumo responsable.
Posteriormente,
realizou tamén unha saída ás instalacións de Conxemar,
en Vigo, ampliando a súa visión sobre a
comercialización e distribución dos produtos do mar. A visita enriqueceuse coa
transformación do alumnado en chefs por un día, xa que cociñaron e degustaron
un prato elaborado con produto do nosos mar.
Tamén a nivel de centro, o 23 de febreiro, Día de Rosalía de Castro, realizouse un mural colectivo
e unha lectura de poemas e versos da autora relacionados co mar, poñendo en
valor a presenza do océano na literatura galega.
Terceiro
trimestre
O alumnado do segundo e terceiro
ciclo de Primaria, visitará a praia de Cesantes, entre o mes de maio e xuño
(dependendo dos factores metereolóxicos), Esta praia está moi preto do noso
colexio, e realizarán in situ unha
descrición da praia, tarefa que lles permitirá desenvolver a súa competencia
lingüística a través da imaxe do mar.
No mes de maio está
programada unha visita a Afundación,
concretamente ao espazo educativo Naturnova,
onde o alumnado vivirá a experiencia de “mergullarse” nun submarino para
coñecer o fondo do noso océano e reflexionar sobre a súa biodiversidade e
conservación
Durante os meses de maio e xuño, o alumnado
de maior idade do centro participará nunha xornada de limpeza de praia, co
obxectivo de recoller os residuos abandonados e tomar conciencia do impacto
directo das accións humanas no medio mariño.





No hay comentarios:
Publicar un comentario