martes, 23 de febrero de 2021

 






O colegio Vigo celebra o Día de Rosalía de Castro.Poeta , novelista é unha das mellores escritoras da historia da literatura de Galicia e España. 

A biblioteca do colexio “Verbas no vento” fai unha dramatización do  conto “ Rosalía, a nena que quería ser invisible”.Este audio pretende mostrar unha Rosalía actual, como os temas que ela trata, tan vixentes hoxe en día. A defensa da muller, da súa terra ... Agora, máis que nunca, debemos contaxiarnos da forza e da  viveza dos seus cantares para proxectalos neste 2021, abrazando todo o bo que nos rodea, que sabemos que é moito, e impulsando a cultura para recuperar o cotián cos ollos da ilusión!  

 

 

“Non importa que os soños sexan mentira, xa que ao cabo é verdade que é  venturoso o que soñando morre, infeliz o que vive sen soñar"


                                                         Conto Rosalía

                           

                                            Video ESO E BACHARELATO 

jueves, 18 de febrero de 2021

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA 2021

 






Con motivo da conmemoración do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia 2021, FARO DE VIGO convidounos este xoves    ás charlas de mulleres científicas que exercen o seu oficio na actualidade e  explicáronnos como foi o camiño para chegar ao posto que ocupan na actualidade.

As invitadas foron as investigadoras Marta López Cabo e Eva Balsa-Canto, do Instituto de Investigacións Mariñas ( IIM) do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC). A charla foi moderada por Luisa Martínez, responsable da Unidade de Cultura Científica do CSIC en Galicia.

Son moitas as causas de desigualdade existente no mundo científico entre homes e mulleres e, sen dúbida, a falta de referentes é unha delas. Neste encontro , Marta e Eva contaron ao noso alumnado a súa experiencia vital. Unha  actividade  moi gratificante coa cal esperamos poñer o noso gran de area para que no futuro as nosas alumnas non se atopen ningunha barreira para poder ser o que elas decidan.


                          FOTOS