jueves, 18 de febrero de 2021

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA 2021

 






Con motivo da conmemoración do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia 2021, FARO DE VIGO convidounos este xoves    ás charlas de mulleres científicas que exercen o seu oficio na actualidade e  explicáronnos como foi o camiño para chegar ao posto que ocupan na actualidade.

As invitadas foron as investigadoras Marta López Cabo e Eva Balsa-Canto, do Instituto de Investigacións Mariñas ( IIM) do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC). A charla foi moderada por Luisa Martínez, responsable da Unidade de Cultura Científica do CSIC en Galicia.

Son moitas as causas de desigualdade existente no mundo científico entre homes e mulleres e, sen dúbida, a falta de referentes é unha delas. Neste encontro , Marta e Eva contaron ao noso alumnado a súa experiencia vital. Unha  actividade  moi gratificante coa cal esperamos poñer o noso gran de area para que no futuro as nosas alumnas non se atopen ningunha barreira para poder ser o que elas decidan.


                          FOTOS

No hay comentarios:

Publicar un comentario