GUIA DE USO

  


            


                                                         GUIA DE USO DA BIBLIOTECA

  •        Deberá respectarse o aforo nunca poderá superarse.
  •        É imprescindible o uso de máscara en todo momento.

  •        Hixienizar as mans cos dispensadores de xel hidro-alcohólico na entrada da biblioteca.
  •        As mesas deberán limparse ao entrar e ao marchar con desinfectante.
  •        Ventás, xanelas, portas e interruptores e ferramentas pedagóxicas serán usadas polo profesorado.
  •       Entre sesión e sesión a biblioteca deberá ventilarse 15 minutos (o profesorado cubrirá o impreso situado ao lado da porta).
  •        As ventas deberán estar abertas para ventilar a sala.
  •       Non se poderá compartir ningún material nin libro.
  •        Non se pode comer nin beber na biblioteca.
  •        O espazo da biblioteca está destinado a realizar actividades de lectura e escritura
  •     As mochilas deben levarse na man, en ningún caso colgadas nas costas.
  •      Débese gardar silencio ou falar nun ton baixo.
  •      As mesas deben quedar limpas, e as cadeiras recollidas tralo seu uso .
  •      O horario para uso da biblioteca quedará exposto en secretaría e  na biblioteca.
  •     Os alumnos/ás estarán sempre acompañados polo seu titor ou por outro profesor/a cando acudan á biblioteca á hora asignada no horario.
  •      As normas de préstamos son as citadas con anterioridad.

      Antes das vacacións de verán devolveranse todos os libros e materiais para realizar o control.

A biblioteca é un lugar de uso común, o funcionamento dependerá en gran parte do uso e mantemento que o colectivo educativo fagan dela.