Desde o ano 1997 cada 24 de outubro celébrase en varios países o Día Internacional das Bibliotecas. Unha data que busca resaltar a importancia que ten este tipo de edificacións para a historia humana como resgardo da súa cultura, dos seus escritos, das súas crenzas. A historia dese día comezou entre as cinzas e a perdida de centos de miles de textos únicos.
Un ano máis, dedicamos esta semana a realizar diferentes actividades para celebrar esta conmemoración. Entre elas, a elección da mascota da nosa biblioteca para o curso 2021-22. A mascota gañadora foi Tommi , creada por unha alumna de sexto de primaria.
Os alumnos de 1º e 2°da ESO participaron no concurso para elixir o lema deste ano da nosa Biblioteca escolar. Ademais, pescudaron sobre as Bibliotecas máis coñecidas e curiosas de Europa e fixeron un bonito mural para expor os seus traballos.