lunes, 31 de enero de 2022

DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ

 





Cada  30 de Xaneiro celébrase o Día Escolar da Non Violencia e a Paz, unha data sinalada para todas as escolas e institutos, na que levan a cabo actividades e iniciativas para promover valores como a tolerancia, a solidariedade, o respecto aos Dereitos Humanos, a non violencia e a paz.

Esta xornada educativa fundouse en España o 1964 polo poeta e pacifista mallorquino  Llorenç Vidal Vidal, conmemorando á súa vez a morte de  Mahatma  Gandhi (30 de xaneiro de 1948).

Desde os centros educativos  defendemos unha educación inspirada nunha cultura de non violencia e paz que permite ao noso alumnado adquirir coñecementos, actitudes e competencias que reforcen o seu desenvolvemento como cidadáns globais críticos e comprometidos cos seus dereitos e os doutras persoas.

FELIZ DÍA DA PAZ !