viernes, 29 de enero de 2021

DÍA DA PAZ E NON VIOLENCIA 2021

 





A educación en e para a tolerancia, a solidariedade, a concordia, o respecto aos Dereitos Humanos, a non-violencia e a paz son motivos para lembrar o 30 de xaneiro. En en Día da Paz, no Colegio Vigo comprometémonos a ser  defensores da paz e entendemento entre persoas de distinta procedencia e modos de pensar.

Nese día celébrase o aniversario da morte do  Mahatma  Gandhi (India, 1869-1948), líder pacifista que defendeu e promoveu a non violencia e a resistencia pacífica fronte á inxustiza e que foi asasinado por defender estas ideas.

Unha educación inspirada nunha cultura de non violencia e paz permite ao noso alumnado adquirir coñecementos, actitudes e competencias que reforcen o seu desenvolvemento como cidadáns globais críticos e comprometidos cos seus dereitos e os doutras persoas.

O Día da Paz, pola súa temática xeral de non violencia, resolución de conflitos e convivencia, traballámolo en todos  os niveis educativos desde Educación Infantil ata Bacharelato e ciclos. Hei  aqui os vídeos que resumen o noso pequeno granito de area. Esperamos que vos gusten.