Cada 30 de Xaneiro celébrase o Día Escolar da Non
Violencia e a Paz, unha data sinalada para todas as escolas e institutos, na
que levan a cabo actividades e iniciativas para promover valores como a
tolerancia, a solidariedade, o respecto aos Dereitos Humanos, a non violencia e
a paz.
Esta xornada educativa fundouse
en España o 1964 polo poeta e pacifista mallorquino Llorenç Vidal Vidal, conmemorando á súa vez a
morte de Mahatma Gandhi (30 de xaneiro de 1948).
Desde os centros educativos defendemos unha educación inspirada nunha
cultura de non violencia e paz que permite ao noso alumnado adquirir
coñecementos, actitudes e competencias que reforcen o seu desenvolvemento como
cidadáns globais críticos e comprometidos cos seus dereitos e os doutras
persoas.
FELIZ DÍA DA PAZ !
No hay comentarios:
Publicar un comentario