lunes, 30 de noviembre de 2020

La mística de un grano de arena







 Hoxe recibimos a  grata visita do noso amigo e escritor Denis Maza para presentar aos nosos alumnos e alumnas de 4° da ESO e Bacharelato o seu primeiro libro "A mística dun gran de area" unha charla próxima e interactiva sobre o desenvolvemento  persoal, loita contra o ego e superación da angustia, entre outros temas. Moitas grazas pola túa charla e polos exemplares doados á nosa biblioteca.

"A praia é un dos meus últimos santuarios, o lugar ao que adoito dirixirme cando necesito apartarme de todo. Tras moito tempo navegando por unha absoluta falta de sentido, lonxe de toda vontade, recorro a ela para limpar a miña conciencia e deixarme levar polos estímulos que ofrece o océano. O que empeza sendo un recurso desesperado, un mero bálsamo temporal, irase convertendo nunha travesía espiritual transformadora. Nela, os encontros e as reflexións entrelazaranse xerando unha nova rede de rumbos extraviados e esperanzas por explorar."

 Animámosvos a lelo. Desexámosche moita sorte nesta nova andaina 😊.

Máis información no blogue https://www.letrame.com/autores/dennismaza/

No hay comentarios:

Publicar un comentario