lunes, 8 de marzo de 2021

 




Co gallo do Día da Muller, algúns cursos de Primaria recibiron a visita de  Cristina Jorge,  Marino Mercante de profesión, con quen coñecemos de primeira man en que consiste o seu traballo a bordo dun barco. Moitisismas grazas pola túa paciencia, cariño e adecación.




martes, 23 de febrero de 2021

 






O colegio Vigo celebra o Día de Rosalía de Castro.Poeta , novelista é unha das mellores escritoras da historia da literatura de Galicia e España. 

A biblioteca do colexio “Verbas no vento” fai unha dramatización do  conto “ Rosalía, a nena que quería ser invisible”.Este audio pretende mostrar unha Rosalía actual, como os temas que ela trata, tan vixentes hoxe en día. A defensa da muller, da súa terra ... Agora, máis que nunca, debemos contaxiarnos da forza e da  viveza dos seus cantares para proxectalos neste 2021, abrazando todo o bo que nos rodea, que sabemos que é moito, e impulsando a cultura para recuperar o cotián cos ollos da ilusión!  

 

 

“Non importa que os soños sexan mentira, xa que ao cabo é verdade que é  venturoso o que soñando morre, infeliz o que vive sen soñar"


                                                         Conto Rosalía

                           

                                            Video ESO E BACHARELATO 

jueves, 18 de febrero de 2021

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA 2021

 






Con motivo da conmemoración do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia 2021, FARO DE VIGO convidounos este xoves    ás charlas de mulleres científicas que exercen o seu oficio na actualidade e  explicáronnos como foi o camiño para chegar ao posto que ocupan na actualidade.

As invitadas foron as investigadoras Marta López Cabo e Eva Balsa-Canto, do Instituto de Investigacións Mariñas ( IIM) do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC). A charla foi moderada por Luisa Martínez, responsable da Unidade de Cultura Científica do CSIC en Galicia.

Son moitas as causas de desigualdade existente no mundo científico entre homes e mulleres e, sen dúbida, a falta de referentes é unha delas. Neste encontro , Marta e Eva contaron ao noso alumnado a súa experiencia vital. Unha  actividade  moi gratificante coa cal esperamos poñer o noso gran de area para que no futuro as nosas alumnas non se atopen ningunha barreira para poder ser o que elas decidan.


                          FOTOS

viernes, 29 de enero de 2021

DÍA DA PAZ E NON VIOLENCIA 2021

 





A educación en e para a tolerancia, a solidariedade, a concordia, o respecto aos Dereitos Humanos, a non-violencia e a paz son motivos para lembrar o 30 de xaneiro. En en Día da Paz, no Colegio Vigo comprometémonos a ser  defensores da paz e entendemento entre persoas de distinta procedencia e modos de pensar.

Nese día celébrase o aniversario da morte do  Mahatma  Gandhi (India, 1869-1948), líder pacifista que defendeu e promoveu a non violencia e a resistencia pacífica fronte á inxustiza e que foi asasinado por defender estas ideas.

Unha educación inspirada nunha cultura de non violencia e paz permite ao noso alumnado adquirir coñecementos, actitudes e competencias que reforcen o seu desenvolvemento como cidadáns globais críticos e comprometidos cos seus dereitos e os doutras persoas.

O Día da Paz, pola súa temática xeral de non violencia, resolución de conflitos e convivencia, traballámolo en todos  os niveis educativos desde Educación Infantil ata Bacharelato e ciclos. Hei  aqui os vídeos que resumen o noso pequeno granito de area. Esperamos que vos gusten.




lunes, 30 de noviembre de 2020

La mística de un grano de arena







 Hoxe recibimos a  grata visita do noso amigo e escritor Denis Maza para presentar aos nosos alumnos e alumnas de 4° da ESO e Bacharelato o seu primeiro libro "A mística dun gran de area" unha charla próxima e interactiva sobre o desenvolvemento  persoal, loita contra o ego e superación da angustia, entre outros temas. Moitas grazas pola túa charla e polos exemplares doados á nosa biblioteca.

"A praia é un dos meus últimos santuarios, o lugar ao que adoito dirixirme cando necesito apartarme de todo. Tras moito tempo navegando por unha absoluta falta de sentido, lonxe de toda vontade, recorro a ela para limpar a miña conciencia e deixarme levar polos estímulos que ofrece o océano. O que empeza sendo un recurso desesperado, un mero bálsamo temporal, irase convertendo nunha travesía espiritual transformadora. Nela, os encontros e as reflexións entrelazaranse xerando unha nova rede de rumbos extraviados e esperanzas por explorar."

 Animámosvos a lelo. Desexámosche moita sorte nesta nova andaina 😊.

Máis información no blogue https://www.letrame.com/autores/dennismaza/

viernes, 13 de noviembre de 2020

DIA INTERNACIONAL DE LAS LIBRERIAS

 






     Libreria Lello (O PORTO)


O 13 de novembro conmemórase o Día das Librerías, unha data que busca volver impulsar en España o hábito da lectura e ás librerías como un centro no cal promover e enriquecer a cultura.


A economía dixital ha impulsado grandes cambios na forma de comprar e de consumir certos bens por parte dos clientes. Os libros son un dos sectores que máis tivo que  reinventarse, grazas ao nacemento do apoxeo do libro dixital.

A librería, máis que unha tenda, é toda unha experiencia

O gremio de libreiros de toda España, xa   internalizou  a importancia que ten o medio dixital e sobre todo as redes sociais, para manter con vida o negocio editorial. O consumidor actual desexa que se lle brinde asesoría por Internet, pero tamén quere que ao chegar á tenda física poida obter de forma inmediata o exemplar que necesita ou busca. Incluso as librerías renováronse para transformarse máis nun lugar de esparexemento que simplemente unha tenda de libros.


Agora é bastante común usar unha librería como biblioteca de consulta e aproveitar a experiencia do libreiro para obter toda a información pertinente con respecto a un tema.

 O Día das Librerías, unha festa ao grande

Normalmente durante o Día das Librerías, estes lugares transfórmanse nun centro de entretemento, con conta contos,  titiriteros, mesa redonda, faladoiros, concursos e demais actividades que poidan virar ao redor da literatura e que ademais, póidanse realizar no interior dunha tenda deste tipo.


Con todo este ano, a celebración está marcada pola pandemia de COVID-19 e os actos céntranse en eventos dixitais.

Dende a biblioteca do cole animámovos a vistar a librería da vosa localidade 😊

domingo, 1 de noviembre de 2020

Actividades Samaín 2020

 

O Samaín chegou ao seu fin. Un ano máis cheo de sustos e sorpresas. Estas son as actividades que realizaron o noso alumnado. Moitas grazas polo esforzo e a ilusión que puxestes. Xa temos ganas que chegue o ano que vén.

 


                                                                             

   VIDEO SAMAÍN 2020

Mais traballos dos noso alumnado en Actividades